Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de marzo de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Leo está feliz pola recomendación de hoxe. 

Sofía, de 5º de EP, quere compartir con todos e todas nós o que aprendeu con este último libro que acaba de ler:

A IMPORTANCIA DE CONTAR SEMPRE A VERDADE

O título do libro é O traxe novo do rei e o seu autor chámase Xosé Antonio Ballesteros Rey.

Escoitádea con atención, seguro que vos encanta!

Sofía, moitas grazas por compartilo con nós!

martes, 9 de marzo de 2021

MENUDA SORPRESA!!!

Hoxe Leo está que non cabe de contento. No buzón do cole, baixo unha chea de papeis, atopou un paquete acolchadiño que tiña isto escrito...


Que nervios!!!... e o que custou abrilo...


Que sorte!!!! Ramón Caride envíanos o seu libro Andanzas de Xan Farrapeiro. Aquí tedes as fermosas verbas que nos adica. Non tardedes en pasar pola biblio para collelo prestado!


Moitísimas grazas de novo, Ramón! Cando todo este roio do virus pase, encantaríanos invitarte á nosa biblioteca e coñecer mellor o teu traballo. Unha aperta forte dos nenos e nenas do cole de Tebra!


Se queres volver a ver o vídeo que  nos enviou Ramón Caride fai unhas semanas, preme na imaxe.


venres, 26 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Hoxe Nerea e María, de 4º de Educación Primaria, quérennos falar das súas últimas lecturas. 

Nerea leu unha das NOVIDADES que chegou recentemente á biblio. É da colección Anna KADABRA, de Pedro Mañas e David Sierra. Xa a coñecedes???

María leu un libro de Billie B. Brown, escrito por Sally Rippin. Gústalle tanto que está desexando que cheguen máis libros desta colección á biblio para poder lelos.

Rapazas, moitas grazas por compartir as vosas lecturas con nós! Está xenial que pasedes por aquí para contarnos que libros vos gustan!

venres, 5 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola chicos e chicas!!!

Se non sabedes que ler esta fin de semana, non vos perdades as recomendacións que vos traen Ainoa, Sabela e Aitana.

A elas encantáronlle estes libros e esperan que a vós tamén vos gusten!

Moitas grazas por compartilo con nós!!!

martes, 2 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Que marabilla!!! Leo está feliz de ver o moito que vos gusta ler. Encántalle que pasedes por aquí para falarnos das historias que ledes e que tanto vos gustan.

Hoxe é Celia, de 1º de educación primaria, que nos fala do libro Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar. Se non o coñecedes tedes que lelo, está xenial!!!

Celia, moitas grazas por compartilo con nós!

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

                       Se premes na imaxe verás recomendación 
                                              lectora relacionada co día da paz.
      

Esta semana estamos a realizar no cole unha morea de actividades coas que queremos celebrar o día escolar da non violencia e a paz.

Unha delas é esta que compartimos hoxe con vós. As nenas e nenos de 4º de educación primaria descubriron un libro que lles encanta e co que puideron reflexionar moito a cerca das cousas importantes que temos que ter en conta para eliminar a violencia das nosas vidas e quedarnos con aquilo que nos faga felices a todos.

Preme na imaxe para escoitalos!