mércores, 3 de febreiro de 2021

"VISITA VIRTUAL" DE RAMÓN CARIDE

Hoxe Leo ten unha gran sorpresa para vós.

Despois da recomendación que Sira nos fixo do libro A pomba dona paz (se non a viches podes vela aquí), o escritor do mesmo quixo aproveitar para pasar por aquí e recomendarnos outro libro que nos vai encantar. Titúlase Andanzas de Xan Farrapeiro e vainos enviar ao cole un exemplar firmado por el para que gocemos da súa lectura.

Ramón Caride deixounos un vídeo onde el mesmo nos explica isto e máis, seguro que vos encanta!!!

Moitas grazas Ramón, esperamos volver a verte pronto!!!