sábado, 6 de febreiro de 2021

DÍA DE INTERNET SEGURA

Este ano o 9 de febreiro celébrase o Día de Internet Segura  baixo o lema "Unha internet mellor comeza contigo: máis conectados, máis seguros"


RECOMENDACIÓNS PARA UN USO SEGURO DE INTERNET

Con estes sinxelos e prácticos pasos poderás aprender como estar máis segur@ cada vez que entras en Internet:

  • Se empregas redes sociais, evita o contacto con persoas estrañas. Non aceptes invitacións de persoas que non forman parte do teu círculo familiar ou social.
  • Utiliza unha conexión segura. É recomendable que o fagas desde a túa casa e non en lugares públicos, xa que calquer persoa podería averiguar os teus datos con maior facilidade.
  • Evita dar información confidencial, como teléfonos, direccións, fotografías, claves...
  • Elimina canto antes os correos ou vínculos sospeitosos.
  • Pide orientacións ás persoas maiores, especialmente aos familiares máis cercanos, porque te aconsellarán para un uso correcto para navegar por Internet.
Internet é unha ferramenta para conseguir información e comunicarse, un mundo cheo de posibilidades pero con regras. No seguinte vídeo descubrirás como facer un uso responsable do teléfono, como evitar o ciberacoso, como saber que son e como se identifican as fake news e tamén como protexer a túa privacidade online. 


SEIS PASOS PARA A DESESCALADA DIXITAL EN FAMILIA

Durante o último ano, pola cantidade de tempo que tivemos que permanecer na casa, o uso da tecnoloxía disparouse e adicámoslle máis tempo do que faciamos antes. 

Pantallas Amigas e Twitter promoven unha campaña que invita a revisar os hábitos de sobreuso de Internet, móbiles, redes sociais e videoxogos que se puideron adquirir durante o período de confinamento.
Preme na imaxe para ver os 6 pasos que propoñen.