Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Hoxe Nerea e María, de 4º de Educación Primaria, quérennos falar das súas últimas lecturas. 

Nerea leu unha das NOVIDADES que chegou recentemente á biblio. É da colección Anna KADABRA, de Pedro Mañas e David Sierra. Xa a coñecedes???

María leu un libro de Billie B. Brown, escrito por Sally Rippin. Gústalle tanto que está desexando que cheguen máis libros desta colección á biblio para poder lelos.

Rapazas, moitas grazas por compartir as vosas lecturas con nós! Está xenial que pasedes por aquí para contarnos que libros vos gustan!

venres, 5 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola chicos e chicas!!!

Se non sabedes que ler esta fin de semana, non vos perdades as recomendacións que vos traen Ainoa, Sabela e Aitana.

A elas encantáronlle estes libros e esperan que a vós tamén vos gusten!

Moitas grazas por compartilo con nós!!!

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

                       Se premes na imaxe verás a recomendación 
                                              lectora relacionada co día da paz.
      

Esta semana estamos a realizar no cole unha morea de actividades coas que queremos celebrar o día escolar da non violencia e a paz.

Unha delas é esta que compartimos hoxe con vós. As nenas e nenos de 4º de educación primaria descubriron un libro que lles encanta e co que puideron reflexionar moito a cerca das cousas importantes que temos que ter en conta para eliminar a violencia das nosas vidas e quedarnos con aquilo que nos faga felices a todos.

Preme na imaxe para escoitalos!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

QUE LIBRO LEMOS HOXE?

Hoxe é o turno de Sira, de 5 anos. Pasa por aquí para recomendarnos un libro moi chulo e, ademais, realacionado coa conmemoración do día escolar da non violencia e a paz. 

Titúlase A pomba dona Paz, e escribiuno Ramón Caride. 

Se escoitas a recomendación con atención, descubrirás que a Sira e ao escritor do libro úneos un vínculo moi especial, descubrirás cal???

venres, 22 de xaneiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

NON SABES QUE LIBRO LER?

LEO sabe o moito que vos gusta ler e compartir cos demais o voso gusto pola lectura, por iso quere que pasedes por aquí para contar as vosas opinións sobre o libro que acabades de ler e que tanto vos gustou.

Esta semana é Antía, de 4º de Educación Primaria, a que nos visita para falarnos do libro Escuela de vampiros, escrito por Peter Bentley.