Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

sábado, 26 de outubro de 2013

AS MALETAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE!

Como xa sabedes, o vindeiro luns 28 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares. As maletas viaxeiras están moi pero que moi impacientes porque desexan  viaxar xa ós vosos fogares. E este curso hai novidades dentro dela!! Queredes saber que conteñen? Pois vai ser que hai que esperar ó luns...
Os nenos e nenas teredes que pasar unhas probas para poder conseguir a vosa maleta viaxeira e así poder levala de viaxe as vosas casas. A por elas!!


Lembrade: SE QUEREDES AVENTURA.... LANZÁDEVOS Á LECTURA!!

Ata o luns!!