Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

xoves, 3 de novembro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Aquí estamos de novo para contarvos o ben que o pasamos o outro día celebrando o...... DÍA DAS BIBLIOTECAS!! Un día que levabamos agardando moito tempo.

Este ano puxéronnos a traballar a algúns e a rompela cabeza a outros. Aos nenos de infantil preguntáronnos cousas rarísimas!!! pero acertámolas todas e, finalmente sin saber moi ben como, atopamos as letras da palabra MALETA!!! O bo foi o regalo, marchamos cunhas maletas viaxeiras cargadiñas de libros!


Déixovos unha fotiño para que vexades o concetrados que estabamos porque a nós, cando estamos rodeados de libros, non hai quen nos tusa!


 Tamén pasamos por aquí os nenos e nenas de primaria, pero como xa somos maiores pensamos en como colaborar e así dar un pequeno servizo á comunidade. Ocorréusenos ordenar toda a biblio por orde alfabética, por iso das letras é algo que nos gusta moito.... 
Dito e feito, agora cando queremos atopar algo xa imos directos!






A partires de agora cada semana a maleta visitará un dos nosos fogares o que nos fará moito máis felices. 

Poderemos ler en familia, lerlle aos nosos animais, ler en voz alta, ler en voz baixa, ler na cociña, no salón... ler antes de durmir e cun paraugas mentres nos duchamos... en calquera lado, vaia.

Vémonos lendo!