Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

xoves, 24 de abril de 2014

DON LIBRO ESTÁ HELADO

      
                                                        Gloria Fuertes


23 DE ABRIL: DIA DO LIBRO

Ao longo desta semana,levaremos a cabo diferentes actividades para celebrar o DIA DO LIBRO 

MARTES 22: DECÁLOGO LECTOR  
Adicouse a sesión de lectura para facer un marcapáxinas no que cada neno/a escribiu unha frase rimada ou ben un pareado sobre o pracer da lectura.Posteriormente, decoraron o seu marcapáxinas libremente. O equipo de biblioteca elexirá as 10 mellores frases e pasarán a formar parte dun decálogo do lector que colgaremos na parede da Biblio Estade atentos! Nuns días publicaremos no blog as 10 mellores frases dos vosos marcapáxinas!

MÉRCORES  23: DIA DO LIBRO. CONTACONTOS 
 Tivemos a sorte de contar con Manolo Solla, un fantástico contacontos que deleitou a todos os nenos coas seus contos. Foi moi divertido!

XOVES 24  e VENRES 25: APADRIÑAMENTO LECTOR 
Os nenos/as de 4º, 5º e 6º exercerán de padriños lectores dos máis pequenos da escola: EI, 1º, 2º e 3º durante as sesións de lectura do xoves, 24 e do venres 25.
 Os cativos de 4 e 5 anos serán apadriñados polos seus compañeiros de 4º de EP
Os pequeniños de 3 anos polos nenos e nenas de 5º de EP
 E os alumnos de 1º, 2º e 3º serán apadriñados polos seus compañeiros de 6º de EP
Está sendo unha experiencia inolvidable para todos eles!