mércores, 13 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER

Boas a todos e todas!!! Con motivo da celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Os nenos e nenas do Ceip de Tebra estiveron investigando sobre mulleres importantes nos distintos medios de comunicación (prensa, radio, televisión e correo postal), xa que este ano o PDI da biblioteca trata sobre dito tema. 


 Espero que vos guste!!!!



 
Un saúdo e deica logo, Leo.

 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

Coma cada ano dende o Ceip de Tebra queremos conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz aportando o noso graniño de area. Polo que os nenos e nenas de todos os cursos estiveron investigando sobre este día dende os distintos medios de comunicación que se están a traballar dende o PDI da biblioteca.
 Ademais diso fixemos os " Paraugas pola Paz" nos cales os nenos e nenas escribiron palabras e frases pola Paz para despois colgalos na entrada do colexio. 
Quedaron chulísimos!!!! 

Se queredes ver como nos quedou, premede na imaxe:

 


Espero que vos guste!!! 


Saúdos e ata próxima, Leo