mércores, 31 de xaneiro de 2024
DÍA DA PAZ
venres, 29 de xaneiro de 2021
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Esta semana estamos a realizar no cole unha morea de actividades coas que queremos celebrar o día escolar da non violencia e a paz.
Unha delas é esta que compartimos hoxe con vós. As nenas e nenos de 4º de educación primaria descubriron un libro que lles encanta e co que puideron reflexionar moito a cerca das cousas importantes que temos que ter en conta para eliminar a violencia das nosas vidas e quedarnos con aquilo que nos faga felices a todos.
Preme na imaxe para escoitalos!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
QUE LIBRO LEMOS HOXE?
Hoxe é o turno de Sira, de 5 anos. Pasa por aquí para recomendarnos un libro moi chulo e, ademais, realacionado coa conmemoración do día escolar da non violencia e a paz.
Titúlase A pomba dona Paz, e escribiuno Ramón Caride.
Se escoitas a recomendación con atención, descubrirás que a Sira e ao escritor do libro úneos un vínculo moi especial, descubrirás cal???



