martes, 16 de novembro de 2021

O PAPAGAIO XA CHEGOU

 Bo día, rapazada!


O equipo da biblioteca está moi contento de anunciarvos quqe este ano estamos subscritos ao xornal infantil PAPAGAIO!

Recibiremos exemplares impresos cada mes, sendo que cada curso terá un na súa aula e os sobrantes estarán na biblio para poder consultalos.

Tamén temos a edición dixital, para aproveitar todavía máis de este xenial recurso.

Agardamos que o gocedes moito e que vos mergullades nas aventuras dos protagonistas.

Saúdos!



           Alumnos lendo o xornal