Publicación destacada

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias!  Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes o...

martes, 29 de xaneiro de 2019

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

EMOCIÓNATE e comprende AS EMOCIÓNS lendo algúns dos seguintes libros. Animámosvos a nenos e maiores a coñecelos na zona de consulta da Biblioteca. Nos os olvidaredes!




luns, 28 de xaneiro de 2019

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este mércores 30 de Xaneiro celebramos o día da non violencia e da paz. Para celebralo mercamos uns libros super chulos que xa podedes atopar no recuncho das celebracións! Achegádevos a lelos!



venres, 25 de xaneiro de 2019

ACTUALIZANDO OS FONDOS DOCUMENTAIS


Seguimos na procura de libros para que investiguedes sobre todo o que vos gusta: culturas, países, ciencia, corpo humano, arte...
Esta é só unha mostra das novidades que podedes atopar no recuncho de consulta. Esperámosvos para descubrir o resto!!!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

MEGATOXOSSSSSS

Xa chegaron os Megatoxos a Bibliotebra!
Acordádesvos do obradoiro de ilustración con Anxo Fariña cando inauguramos a nova biblioteca?
Pois Leo xa está desfrutando da súa colección dos MEGATOXOS. Podedes atopala nas cestas de novidades de 5º e 6º de Primaria. Esperamos que vos guste!



mércores, 23 de xaneiro de 2019

ABRACADAAAAABRAAAAA

O libro que nos deixou o Mago Cali despois do seu extraordinario espectáculo de maxia o día da inauguración da nova biblioteca está causando furor en Bibliotebra!

Queremos darche as grazas de novo, Mago Cali!!

Saúdos desde Bibliotebra.


NOVA REVISTA DE INGLÉS!

Esta semana recibimos a nova revista de Inglés para Xaneiro- Febreiro. Xa podedes collela na sección de revistas da Biblio. ENJOY IT!!!




martes, 8 de xaneiro de 2019

TRÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Boas familias, aquí vos deixamos o tríptico de recomendacións lectoras de nadal, esperamos que teña éxito.