Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de febreiro de 2020

Aviso a investigadores e investigadoras

O equipo de biblioTebra quere informarvos de que, dado a fantástica climatoloxía que temos en Galicia e porén, todo o que elo acarrexa, decidiuse que a participación nos retos sexa de forma quincenal para poder utilizar as instalacións da nosa biblio.

Deste xeito, hai 15 días para deixar as vosas participacións no BUZÓN ENIGMÁTICO, quedando a data límite para participar neste RETO II ata o venres 21  de febreiro, día no que se publicará o RETO III.

Así mesmo, tamén vos queremos animar a que participedes TODAS e TODOS. Os retos son moi sinxelos, a participación non supón moito traballo e.... o equipo de biblioTebra nunca defrauda ☺😉

Por outro lado, recordarvos que durante a xornada de hoxe se celebrou a festividade de San Valentín ou día dos namorados/namoradas. Inda que, nun principio, esta festividade comezou co cristianismo para conmemorar o amor que ofertaba o San Valentín o certo é que se instaurou na nosa cultura como unha tradición.

A tradición fai que neste día se celebre o amor que nos une ás persoas que máis queremos ( nais, pais, namoradas, namorados, avóas...). A nós, non se nos ocurre mellor regalo que unha boa lectura na compaña dos/das que máis queremos. Nos vos parece?



Feliz día! Que o amor sexa o vínculo de unión máis grande ❤❤💖



xoves, 30 de xaneiro de 2020

AVISO IMPORTANTE

Por mor das condicións climatolóxicas dadas esta semana e, dado que a biblioteca do centro estivo pechada en horario de recreo por non poder sair ao patio, AMPLÍASE o prazo para concursar neste RETO 1 ata o vindeiro VENRES 7 DE FEBREIRO.
Ánimo!!! Participar nestes concursos, inda que non dan fama, tamén resulta divertido!!! ☺☺




martes, 11 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN DO PDI

Todas as clases están dando os seus últimos retoques ao proxecto que desenvolveron ó longo do curso, cada un do seu país: Educación Infantil con Australia e Italia, 1º e 2º con India, 3º e 4º con Exipto, 5º e 6º con Brasil e dende a materia de Inglés Estados Unidos con todo o alumnado.

Decoramos as nosas aulas...


Buscamos información...


Deixamos voar a nosa imaxinación....



O próximo 19 de xuño poderemos ver o resultado na Biblioteca e nas diferentes aulas do cole. Dende alí viaxaremos polos diferentes países da man dos anfitrións de cada grupo. 


Preparade o voso pasaporte!


Aquí vos deixamos un adianto do que vos atoparedes...










mércores, 15 de maio de 2019

ENCONTRO CON RICK SAMPEDRO

O próximo luns 20 de maio virá a visitarnos o autor do libro Lola in the land of fire, que leron os nenos de 5º e 6º de Educación Primaria en Inglés. Temos moitas ganas de coñecelo e compartir con el as nosas impresións.

Non olvidedes os vosos libros para que volos firme!

CONTINUARÁ...


                                                ****************************


Por fin chegou o día e o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria tivo unha visita moi especial. O autor do libro que lemos o pasado trimestre Lola in the Land of Fire estivo hoxe en Bibliotebra respondendo a tódalas preguntas e curiosidades do alumnado, asinando os seus libros e compartindo as súas vivenzas e experiencias polo mundo. Divertímonos moitísimo! 

Grazas de novo Rick!




martes, 30 de abril de 2019

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias! 

Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes os mellores espectadores do mundo enteiro!


Narrativa, La Historia, Sueño, Decir

Narrativa La Historia. Comfreak. Pixabay. CC0.

venres, 26 de abril de 2019

APRAZAMENTO DE CAZA DE LIBROS

Debido á imposibilidade de realizar actividades ó aire libre esta semana, aprazamos a Caza de libros para a vindeira semana, se o tempo acompaña.

Sentímolo.



luns, 22 de abril de 2019

AXENDA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIGO NA SEMANA DO LIBRO

Se queres coñecer as activades que a Biblioteca Juan Compañel de Vigo ofrece na Semana do libro pincha na seguinte imaxe.

Anímate!




martes, 2 de abril de 2019

FAMILIAS LECTORAS



Bos días a todos! 

Precisamos familias que se animen a participar na semana do libro cun conto, lenda, experiencia persoal ou calquera outra idea que teñades. En Bibliotebra estamos abertos a novas suxerencias! Pregámosvos que vos poñades en contacto o antes posible. Grazasssss
Narrativa, La Historia, Sueño, Decir

Narrativa La Historia. Comfreak. Pixabay. CC0.

martes, 8 de xaneiro de 2019

TRÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Boas familias, aquí vos deixamos o tríptico de recomendacións lectoras de nadal, esperamos que teña éxito.


luns, 5 de novembro de 2018

CONTA ATRÁS...

XA SOMENTES FALTA 1 DÍA PARA QUE POIDADES COÑECER A NOVA BILIOTEBRA.

Recordarvos que mañá haberá xornada de portas abertas para todas as familias de 16:00-18:00 horas.
Espereramos que vos guste!!

mércores, 31 de outubro de 2018

martes, 30 de outubro de 2018

CONTA ATRÁS...

XA SOMENTES FALTAN 7 DÍAS PARA QUE POIDADES COÑECER A NOVA BILIOTEBRA.


PRÓXIMA INAUGURACIÓN

A nova Biblioteca está case lista, faltan uns últimos retoquiños e... o próximo mes de Novembro celebraremos a gran reapertura de Bibliotebra!!

Faremos unha gran festa que non vos podedes perder... así que estade atentos: comeza a conta atrás...



mércores, 24 de outubro de 2018

DIXITALIZANDO A LEO


Ola de novo amigos! Lembrádesvos de min? 

Son LEO, a nova mascota de Bibliotebra e como me encantan as novas tecnoloxías pedinlle ao meu equipo que me modernizara. Agora estou dixitalizado. Gústavos o meu novo aspecto?

martes, 23 de outubro de 2018

XA ESTAMOS NO PLAMBE!!!

Tras moito esforzo, por fin somos membros do Plan de mellora de bibliotecas escolares. Grazas a iso, recibimos unha asignación para mercar fondos, mobiliario/ equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar para actualizar a nosa biblioteca.  COMEZA A RENOVACIÓN!




sábado, 12 de maio de 2018

PECHE DA BIBLIOTECA

PECHE DE BIBLIO
Como xa sabedes estamos a reorganizar a nosa biblioteca, facendo oco para acoller outros materiais máis actuais, e reestructurando os espazos para facer dela un lugar fermoso, atractivo e cheo de novas oportunidades acordes aos intereses e inquedanzas dos nosos lectores e lectoras.
Nunca imaxinamos canto traballo teríamos por diante pero, xa queda menos!!!