Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de xuño de 2021

EMOCIÓNATE

Leo está feliz! Por fin pode compartir con vós todas as actividades realizadas ao longo do curso relacionadas coas emocións.

Algunhas delas poderedes velas nos corredores do cole, expostas para que todos e todas vós poidades gozar delas.

E outras moitas atoparédelas aquí, xa que hai moitos vídeos de todos os cursos.

Son uns traballos fantásticos! Parabéns polo esforzo, o traballo e a gran lección que nos dades cada día. Incluso con normas COVID facedes traballos xeniais cun sorriso xigante sempre na boca. A vosa implicación permite que agora poidamos desfrutar de traballos así! Moitas grazas!

venres, 6 de marzo de 2020

Reto Científico IV

Antes de nada, o equipo de BiblioTebra quere felicitar a todas esas persoas que están participando e se están convertendo en verdadeiros e verdadeiras científicos e científicas! Estamos moi contentas de contar con un alumnado tan maravilloso coma vos. 

O reto que vos propoñemos nesta quincena vai tratar sobre.... 


XIRINGAS!!!!

As preguntas que debedes contestar serán as seguintes: 

* QUEN INVENTOU A XIRINGA QUE SE PODE USAR CON UNHA SOA MAN? 

* CAL ERA O SEU PRINCIPAL OBXECTIVO CON ESTE INVENTO? 

Non esquezades deixar as vosas respostas (contestadas en formato cuartilla, de forma limpa e clara) no buzón enigmático antes do venres 20 de marzo.

E lembrade, o equipo de BiblioTebra, nunca defrauda! 💚😊




xoves, 5 de marzo de 2020

Solución Reto II

Pensábades que nos esquecéramos?
Velaquí vos deixamos as respostas ao Reto Científico II para que poidades comprobar se averiguáchedes ben ou precisades seguir afondando 😉

➥ COMO XURDIU A IDEA DO PINCEL?

Inda que non se sabe a ciencia certa, pénsase que o primeiro pincel xurdiu na época da prehistoria, como instrumento de creación e comunicación.

➥ DE QUE ESTABAN FEITOS OS PRIMEIROS PINCEIS?

Os primeiros pinceis estaban feitos dun anaco de madeira e pelo de animal nun dos seus extremos.


Era un reto moi sinxelo, a que si?

Lembrade que mañá venres 7 de marzo finaliza o prazo para participar no Reto Científico III asique bulide e todos e todas a investigar!!!!

venres, 21 de febreiro de 2020

Reto III

Entroido, antroido, entruido, entrudo, entrudio e carnaval.
As e os galegos/as temos ata seis formas diferentes para referirnos á mesma palabra : o entroido. 



Hoxe acabamos de celebrar no noso cole unha das festas máis importantes da cultura galega. Inda que orixinalmente esta festividade se celebraba nunhas datas coas que se correspondían nos días anteriores ao inicio da Cuaresma ( festividade relixiosa), actualmente extendeuse a datas anteriores e posteriores do mércores de cinza ( marcado no calendario cristán), podendo chegar incluso a durar a festidade todo o mes de febreiro.


Calquera pode celebrar o entroido, pero hai que lembrar que o requisito para poder participar é estar disfrazado/a!!! 


Falando de cultura galega, nestes días de festa e de tradición de comidas e folclore non é raro ver ás familias e ás amizades disputándose un partido para poder botarse unhas risas e... No caso de chover, podemos entreternos xogando a.... O futbolín!!!





O reto científico III desta quincena vai sobre o futbolín. Para poder pasalo con éxito, debedes ser quén de contestar ás seguintes preguntas:

→ Quen e por qué se inventou o futbolín?
→Que grupo galego compuxo a "Oda ao futbolín"?

Agora, que xa descubríchedes algo máis sobre pasatempos, lembrade deixar a vosa cuartilla (debidamente elaborada) no
Buzón enigmático. Tedes ata o 6 de marzo para responder. Bulide!!! Ao mellor, inda lle botamos unhas partidiñas 😉

Gozade destas mini vacacións e..... vémonos o xoves 27 con máis ganas!!!

Feliz entroido!

venres, 7 de febreiro de 2020

RETO CIENTÍFICO 2

Benvidos/as de novo ao concurso CIENTÍFICO!
Agora que se aproxima o entroido queremos ter os mellores disfraces para que a xente non nos recoñeza pero  tampouco que pasemos desapercibidos. Para iso, estas semanas as aulas estanse convertendo en verdadeiros obradoiros de arte: ideas a esgalla, cartolinas de diversas cores, tesoiras e recortes de papel por todas as esquinas, pinturas de varios tipos e..... PINCEIS!



O noso RETO CIENTÍFICO 2 vai destinado aos pinceis que tanto vos gustan, por iso, para lograr superar este reto, teredes que dar resposta ás seguintes preguntas:

➥ COMO XURDIU A IDEA DO PINCEL?
➥ DE QUE ESTABAN FEITOS OS PRIMEIROS PINCEIS?


Para os /as máis despistados/as, deixámosvos unha mostra da cuartilla que debedes utilizar para dar resposta ás preguntas. Coidade a letra, a limpeza,  a presentación e... olliño con facer trampa!


LEMBRA: Este  RETO CIENTÍFICO 2 poderase contestar ata o vindeiro venres 14 de febreiro. As respostas, debedes deixalas no BUZÓN ENIGMÁTICO que está situado na porta da entrada do centro, no recuncho de biblioteca.

xoves, 30 de xaneiro de 2020

AVISO IMPORTANTE

Por mor das condicións climatolóxicas dadas esta semana e, dado que a biblioteca do centro estivo pechada en horario de recreo por non poder sair ao patio, AMPLÍASE o prazo para concursar neste RETO 1 ata o vindeiro VENRES 7 DE FEBREIRO.
Ánimo!!! Participar nestes concursos, inda que non dan fama, tamén resulta divertido!!! ☺☺




martes, 12 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA


Estes días estamos a celebrar a SEMANA DA PRENSA, polo que realizamos unha exposición dos materiais que recolectamos de cada país que estamos traballando para o PDI deste curso.

Aquí vos deixamos unha mostra do recuncho de Estados Unidos. Enjoy it!


venres, 15 de febreiro de 2019

DENDE A EMBAIXADA DE USA

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar diferentes países na escola e, coa axuda da nosa auxiliar de conversa, o alumnado de 5° e 6° curso de Educación Primaria escribiu unha carta á Embaixada dos Estados Unidos solicitando periódicos, revistas, folletos...

E contestáronnos! Queremos darlle as grazas por todo este material, que despois de traballar en clase, levaremos para a Biblioteca para que todos poidades consultalo.


mércores, 23 de maio de 2018

PROXECTO: O CINE

Este curso, o noso cole propuso un proxecto moi especial: O CINE. En torno a este tema, todos os cursos están a traballar de formas diversas: realizando busquedas de información, elaboración de vídeos e películas, posta en marcha de exposicións e presentacións, e incluso unha representación teatral. E na semana das letras galegas podemos ver algúns dos resultados. Moi bo traballo!































































Máis fotos no seguinte video:
Click to play this Smilebox slideshow

E agora as nosas produccións!!!











Premede aquí para ver a entrada sobre este o proxecto de cine que temos na web do cole e que quedou moi chula.