venres, 25 de xuño de 2021

BO VERÁN!!!

O curso chegou ao seu fin e desde o equipo de BiblioTebra queremos desexarvos un verán cheo de lecturas inolvidables.

Moitas grazas por deixarnos compartir con vós un curso cheo de EMOCIÓNS, das que este ano aprendemos tanto.

 
The New Yorker - Illustration by Katharina Bourjau
 

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este ano tivemos a sorte de contar coa axuda dalgunhas rapazas de 6º EP, que colaboraron nas tarefas diarias da biblio con moita ilusión

O seu traballo foi espectacular e quixemos darlles un pequeno agasallo para agradecerllo. 

Moitas grazas polo voso esforzo rapazas!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

domingo, 20 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

Dende a Bibliotebra despedimos este curso escolar tan especial e diferente...

Todas as mestras do Equipo da Biblio queremos felicitarvos polo voso esforzo, comprensión e colaboración respectando as normas que a maiores tivemos neste curso escolar...Sodes marabillosos, rapaces e rapazas!!

O verán é un excelente momento para sumerxirnos en apaixonantes e refrescantes aventuras que nos proporcionan os libros....Por iso, aquí vos deixamos unhas recomendacións para seguir lendo nas vacacións....


                                                                        PREMER NA IMAXE

xoves, 17 de xuño de 2021

EXPOSICIÓN FINAL

Despois de tanto esforzo e traballo, chegou o momento de compartir todo o feito con todos os compañeiros e compañeiras.

Se visitades os corredores do cole e podes atención atoparedes unha morea de traballos expostos que vos van encantar. Traballastes a reo! Parabéns por todo o feito!

Grazas por compartilo!!!


                 


                  












 



 

mércores, 16 de xuño de 2021

EMOCIÓNATE

Leo está feliz! Por fin pode compartir con vós todas as actividades realizadas ao longo do curso relacionadas coas emocións.

Algunhas delas poderedes velas nos corredores do cole, expostas para que todos e todas vós poidades gozar delas.

E outras moitas atoparédelas aquí, xa que hai moitos vídeos de todos os cursos.

Son uns traballos fantásticos! Parabéns polo esforzo, o traballo e a gran lección que nos dades cada día. Incluso con normas COVID facedes traballos xeniais cun sorriso xigante sempre na boca. A vosa implicación permite que agora poidamos desfrutar de traballos así! Moitas grazas!

martes, 15 de xuño de 2021

OBRA DE TEATRO

As rapazas e os rapaces de queren compartir con vós unha obra de teatro que levan moito tempo preparando con moito agarimo para que todos e todas vós poidades desfrutar.

Aínda que lles gustaría poder tervos como público, saben que este ano é diferente e buscaron a maneira de facervos chegar a obra neste bonito vídeo. 

Esperamos que vos guste moito!

Premede na imaxe para vela.