Amosando publicacións coa etiqueta agasallos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta agasallos. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de marzo de 2021

MENUDA SORPRESA!!!

Hoxe Leo está que non cabe de contento. No buzón do cole, baixo unha chea de papeis, atopou un paquete acolchadiño que tiña isto escrito...


Que nervios!!!... e o que custou abrilo...


Que sorte!!!! Ramón Caride envíanos o seu libro Andanzas de Xan Farrapeiro. Aquí tedes as fermosas verbas que nos adica. Non tardedes en pasar pola biblio para collelo prestado!


Moitísimas grazas de novo, Ramón! Cando todo este roio do virus pase, encantaríanos invitarte á nosa biblioteca e coñecer mellor o teu traballo. Unha aperta forte dos nenos e nenas do cole de Tebra!


Se queres volver a ver o vídeo que  nos enviou Ramón Caride fai unhas semanas, preme na imaxe.


luns, 11 de xaneiro de 2021

OS REIS MAGOS VISITAN A NOSA BIBLIO

Comezamos o segundo trimestre con sorpresas!

Parece que este Nadal os Reis Magos quixeron aproveitar a súa viaxe para pasar pola biblio e deixar un agasallo para cada un de nós. 

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Así da gusto comezar o ano!

venres, 18 de decembro de 2020

POR SEMPRE XAMAIS

O CONTO DE SEMPRE COMO NUNCA O IMAXINARAS

Unha rapaza, a súa fada madriña, unha flamanate carruaxe, un lobo e un sono inalcanzable son os protagonistas de moitos contos. Pero este non é como todos os demais.

A historia que relata "Por sempre xamais" está inspirada na vida de Michèle Mouton, expiloto de Audi, que en 1981 se converteu na primeira e única muller en gañar un rally do Campionato do Mundo de Rally. 

CAMBIEMOS O CONTO!!!