mércores, 31 de outubro de 2018

CONTA ATRÁS...

XA SOMENTES FALTAN 6 DÍAS PARA QUE POIDADES COÑECER A NOVA BILIOTEBRA.

martes, 30 de outubro de 2018

MALETAS VIAXEIRAS

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares onde entregamos as maletas viaxeiras que comezaron a circular polas aulas onde os nenos e nenas gozarán do seu contido durante un tempo estimado.Esperamos que vos guste!!


CONTA ATRÁS...

XA SOMENTES FALTAN 7 DÍAS PARA QUE POIDADES COÑECER A NOVA BILIOTEBRA.


PRÓXIMA INAUGURACIÓN

A nova Biblioteca está case lista, faltan uns últimos retoquiños e... o próximo mes de Novembro celebraremos a gran reapertura de Bibliotebra!!

Faremos unha gran festa que non vos podedes perder... así que estade atentos: comeza a conta atrás...



mércores, 24 de outubro de 2018

DIXITALIZANDO A LEO


Ola de novo amigos! Lembrádesvos de min? 

Son LEO, a nova mascota de Bibliotebra e como me encantan as novas tecnoloxías pedinlle ao meu equipo que me modernizara. Agora estou dixitalizado. Gústavos o meu novo aspecto?

martes, 23 de outubro de 2018

XA ESTAMOS NO PLAMBE!!!

Tras moito esforzo, por fin somos membros do Plan de mellora de bibliotecas escolares. Grazas a iso, recibimos unha asignación para mercar fondos, mobiliario/ equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar para actualizar a nosa biblioteca.  COMEZA A RENOVACIÓN!