venres, 26 de febreiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Hoxe Nerea e María, de 4º de Educación Primaria, quérennos falar das súas últimas lecturas. 

Nerea leu unha das NOVIDADES que chegou recentemente á biblio. É da colección Anna KADABRA, de Pedro Mañas e David Sierra. Xa a coñecedes???

María leu un libro de Billie B. Brown, escrito por Sally Rippin. Gústalle tanto que está desexando que cheguen máis libros desta colección á biblio para poder lelos.

Rapazas, moitas grazas por compartir as vosas lecturas con nós! Está xenial que pasedes por aquí para contarnos que libros vos gustan!