O próximo domingo, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. O tema deste ano "Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade" recoñece que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión.
É unha conmemoración especial, porque con ela ponse de manifesto a importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades, fomentando así a tolerancia e o respecto dos demais.
A diversidade lingüística encóntrase cada vez máis ameazada, con un maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual. (UNESCO).
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.
Na celebración do ano pasado, a Xunta de Galicia celebrábao xunto a outras Comunidades Autónomas e outorgábanlle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español a Guadi Galego polo seu disco Inmersion, que incorpora músicas cantadas en sete linguas do Estado e que conta con colaboracións chegadas de diferentes partes da Península.
"Coa extinción dos idiomas pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesariios para lograr un futuro mellor (...). Por iso, debemos coidar de todas as linguas". (O portal da lingua galega).