xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día da muller e a nena na ciencia.

Dende BiblioTebra queremos facer visible o movemento #NoMoreMatildas, desenvolvido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), que pretende destruir os estereotipos que fan crer ás pequenas que son menos intelixentes ou menos capaces para a ciencia que os chicos.

Esta campaña denuncia o feito de que moitas científicas fosen invisibilzadas, só polo feito de ser mulleres. Polo que intenta devolverlles o protagonismo que sempre deberon ter.

Aquí tes o vídeo desta campaña.