venres, 4 de abril de 2025

MÁIS NOVIDADES EN RADIOLEO!


NOVA ENTREGA DE PROGRAMAS DE RADIOLEO!
Bulide para escoitar os novos programas da radio do noso colexio. Xa están dispoñibles para escoitar unha serie de novos podcast variados: recomendacións musicais, día escolar da paz, noticias... e nesta ocasión ata temos un programa feito polas nenas e nenos máis cativos de Educación Infantil. Agardamos que sexan do voso agrado.

ESCOITA RADIOLEO!!!


xoves, 3 de abril de 2025

 O ENTROIDO NO COLE E AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS!

Seguindo co PDI deste curso, adicado as antiguas civilizacións, cada curso e ciclo educativo da escola estivo elaborando os disfraces cos que vestirnos o venres de entroido que fixemos a noso desfile e festa. Foi un día que poidemos desfrutar en compañía das familias!

As antigas civilizacións que estiveron presentes no noso entroido foron:

 - Educación Infantil coa Antiga China.

- 1º e 2º de Educación Primaria coa prehistoria.

- 3º e 4º de Educación Primaria cos Celtas.

- 5º e 6º  de Educación Primaria cos Vikingos.

- Non faltou a Antiga Roma de man das mestras e mestres. 

Pincha AQUÍ para ver fotografías e vídeos e vexas o ben que o pasamos.