Ao longo desta semana,levaremos a cabo diferentes actividades para celebrar o DIA DO LIBRO
MARTES 22: DECÁLOGO LECTOR
Adicouse a sesión de lectura para facer un marcapáxinas no que cada neno/a escribiu unha frase rimada ou ben un pareado sobre o pracer da lectura.Posteriormente, decoraron o seu marcapáxinas libremente.
O equipo de biblioteca elexirá as 10 mellores frases e pasarán a formar parte dun decálogo do lector que colgaremos na parede da Biblio
Estade atentos! Nuns días publicaremos no blog as 10 mellores frases dos vosos marcapáxinas!
MÉRCORES 23: DIA DO LIBRO. CONTACONTOS
Tivemos a sorte de contar con Manolo Solla, un fantástico contacontos que deleitou a todos os nenos coas seus contos.
Foi moi divertido!
XOVES 24 e VENRES 25: APADRIÑAMENTO LECTOR
Os nenos/as de 4º, 5º e 6º exercerán de padriños lectores dos máis pequenos da escola: EI, 1º, 2º e 3º durante as sesións de lectura do xoves, 24 e do venres 25.
Os cativos de 4 e 5 anos serán apadriñados polos seus compañeiros de 4º de EP
Os pequeniños de 3 anos polos nenos e nenas de 5º de EP
E os alumnos de 1º, 2º e 3º serán apadriñados polos seus compañeiros de 6º de EP
Está sendo unha experiencia inolvidable para todos eles!
xoves, 24 de abril de 2014
sábado, 11 de xaneiro de 2014
domingo, 24 de novembro de 2013
sábado, 23 de novembro de 2013
MOI BEN!!
Moi ben!!! Como as probas que tiñades que facer foron superadas por todos vós, as maletas viaxeiras xa empezaron a rular!!
sábado, 26 de outubro de 2013
AS MALETAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE!
Como xa sabedes, o vindeiro luns 28 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares.
As maletas viaxeiras están moi pero que moi impacientes
porque desexan viaxar xa ós vosos fogares. E este curso hai novidades
dentro dela!! Queredes saber que conteñen? Pois vai ser que hai que
esperar ó luns...
Os nenos e nenas teredes que pasar unhas probas para poder conseguir a vosa maleta viaxeira e así poder levala de viaxe as vosas casas. A por elas!!
Lembrade: SE QUEREDES AVENTURA.... LANZÁDEVOS Á LECTURA!!
Ata o luns!!
Os nenos e nenas teredes que pasar unhas probas para poder conseguir a vosa maleta viaxeira e así poder levala de viaxe as vosas casas. A por elas!!
Lembrade: SE QUEREDES AVENTURA.... LANZÁDEVOS Á LECTURA!!
Ata o luns!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


