Como xa saberedes levamos moitos meses coa biblioteca do centro en obras, inda que isto non impediu que puidéramos usala para moitas actividades coma contacontos, almorzos saudables, entrega de premios, etc. Estamos a realizar un importante traballo de expurgo e selección de material, ordeando e etiquetando todos os materias, mercando, actualizando e ampliando os fondos. Ao mesmo tempo os mestres estamos a recibir formación sobre como xestionar a biblioteca e así ofrecer aos nosos alumnos un mellor servizo. Aquí vos amosamos algunhas fotos deste proceso.
E agora unhas fotiños para que vexades o chula que nos está quedando...xa queda pouco para a súa gran apertura!
venres, 15 de xuño de 2018
mércores, 6 de xuño de 2018
XA TEMOS NOVA MASCOTA...LEO
Como recordaredes, fai unhas semanas vos propuxemos que participárades nun concurso para elexir unha nova mascota para a biblioteca, xa que Juanita queria xubilarse para desfrutar dun merecido descanso. Fostes moitos os que participastes e dende aquí volver a darvos as gracias, tanto aos peques como ás familias.
E o gañador foi...Leo, deseñado por dous irmáns, Mara e Lucas.
E para os tres finalistas houbo agasallo especial:
Celia
Alba
e Lucas & Mara.
Aquí tendes unhas fotos da entrega de premios.
Un agradecemento moi especial á profe Vane que a partires do deseño de Mara e Lucas elaborou a Leo para decorar a nosa biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































