mércores, 20 de febreiro de 2019

COMO COLLO OU DEVOLVO UN LIBRO?


Como algúns de vós aínda tendes pequenas dúbidas de vez en cando.... Hoxe imos recordar como podemos coller e devolver os libros da biblioteca. Veredes que faciliño!

1- En que curso estás? Se queres un libros de lectura, fíxate nos gomets dos libros e busca o teu recuncho!


2- Se queres libros de consulta, fíxate na flor e busca a cor e o número correspondente no recuncho de consulta. Tamén podes fixarte nos iconos da CDU ILUSTRADA, que teñen cada un o seu
 nome e están clasificados nas mesmas cores que a flor. Compróbao!


   


3- Se necesitas máis axuda podes consultar ó bibliotecario ou os axudantes de biblioteca. É fácil saber quen son xa que levan un carnet colgado. Búscaos!

4- Se xa elixiches o libro, só necesitas coller o teu carnet na caixa e darllo ó bibliotecario ou a un axudante para que o anote no ordenador e ... listo! Xa podes levar o teu libro!



5- Cando acabes de ler o libro, lévallo de novo ó bibliotecario ou a un axudante para que o anote no ordenador e logo déixao no carriño das devolucións.





Preparados?

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTEBRA




venres, 15 de febreiro de 2019

DENDE A EMBAIXADA DE USA

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar diferentes países na escola e, coa axuda da nosa auxiliar de conversa, o alumnado de 5° e 6° curso de Educación Primaria escribiu unha carta á Embaixada dos Estados Unidos solicitando periódicos, revistas, folletos...

E contestáronnos! Queremos darlle as grazas por todo este material, que despois de traballar en clase, levaremos para a Biblioteca para que todos poidades consultalo.


xoves, 14 de febreiro de 2019

STORYTELLING

Como todas as semanas, a nosa auxiliar de conversa fai un contacontos para os nenos de Educación Infantil.

Esta vez contounos Blue Chameleon, un conto de Emily Gravett.




Para algúns foi unha fonte de inspiración e atrevéronse a retratalo así...




luns, 4 de febreiro de 2019

ACTUALIZANDO O RECUNCHO DE INGLÉS

Seguimos enchendo o recuncho de Inglés con novos fondos, destinados dende Intantil ata os máis maiores de Primaria. Historias clásicas e outras modernas, unhas con xogos, outras con audios...

Estes son só algúns dos libros novos... Para descubrir o resto... esperámosmos na Biblioteca!



martes, 29 de xaneiro de 2019

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

EMOCIÓNATE e comprende AS EMOCIÓNS lendo algúns dos seguintes libros. Animámosvos a nenos e maiores a coñecelos na zona de consulta da Biblioteca. Nos os olvidaredes!