venres, 1 de marzo de 2019

OS RECREOS NA BIBLIOTECA

As xornadas de biblioteca no recreo están funcionando estupendamente. Os nosos nenos/as acuden diariamente a ler ou a coller ou devolver libros. Nestas imaxes podedes ver aos nosos axudantes da biblioteca facendo préstamos e devolucións, colocando libros nos andéis, axudando aos compañeiros/as a buscar libros etc.














LIBROS DE REXISTRO E INCIDENCIAS DA BIBLIOTECA


A carpeta de incidencias utilizámola para anotar se ocorre algo cos compañeiros/as no espazo da biblioteca, se hai algún problema con algún libro (roturas,desaparición de libros...) de maneira que quede rexistrado para a boa organización da biblioteca.

A carpeta de rexistro manual utiizámola para tomar prestados libros que aínda non están rexistrados no MEIGA e así poder levar un control.



BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA



Aquí tendes información relevante sobre a nosa biblioteca,a inauguraación,a formación de usuarios,as normas da biblioteca, e o carné da mesma.







mércores, 20 de febreiro de 2019

ENTROIDO E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O vindeiro venres 1 de marzo celebramos o Entroido no noso colexio e o 8 de marzo o Día da muller. Para celebralo mercamos uns libros super chulos que xa podedes atopar no recuncho das celebracións! Vide coñecelos!



COMO COLLO OU DEVOLVO UN LIBRO?


Como algúns de vós aínda tendes pequenas dúbidas de vez en cando.... Hoxe imos recordar como podemos coller e devolver os libros da biblioteca. Veredes que faciliño!

1- En que curso estás? Se queres un libros de lectura, fíxate nos gomets dos libros e busca o teu recuncho!


2- Se queres libros de consulta, fíxate na flor e busca a cor e o número correspondente no recuncho de consulta. Tamén podes fixarte nos iconos da CDU ILUSTRADA, que teñen cada un o seu
 nome e están clasificados nas mesmas cores que a flor. Compróbao!


   


3- Se necesitas máis axuda podes consultar ó bibliotecario ou os axudantes de biblioteca. É fácil saber quen son xa que levan un carnet colgado. Búscaos!

4- Se xa elixiches o libro, só necesitas coller o teu carnet na caixa e darllo ó bibliotecario ou a un axudante para que o anote no ordenador e ... listo! Xa podes levar o teu libro!



5- Cando acabes de ler o libro, lévallo de novo ó bibliotecario ou a un axudante para que o anote no ordenador e logo déixao no carriño das devolucións.





Preparados?

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIOTEBRA