sábado, 26 de outubro de 2019

COMEZAMOS!!!

Despois de uns meses de descanso e recuperación... XA ESTAMOS AQUÍ!! 

Como ben sabedes, o 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS. Recordamos, para os/as máis despistados/as, que este día foi establecido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, no ano 1997, como conmemoración ao recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico. 

Porén, no CEIP Plurilingüe de Tebra escollemos este día para a apertura da nosa biblioTEbra de centro. Para elo, fixemos un acto de celebración onde a profe coordinadora nos explicou un pouco máis sobre o porqué deste día para a benvida da biblioteca ao curso escolar, así como tamén se nos fixo entrega das Mochilas viaxeiras, presentóusenos ao persoal axudante da biblio e fixemos o apadriñamento lector. 



Para finalizar este bonito día, cada parella de padriños/madriñas leulle un conto ao seu/súa afillado/a. 

Foi un día moi emotivo e emocionante para nos. Se queredes ver o ben que o pasamos, premede no enlace que aparece a continuación e poderedes ver un vídeo con todas as imaxes. 

👇👇👇👇





venres, 5 de xullo de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Esperamos que estedes desfrutando xa da lectura no voso tempo libre! Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que leváchedes no tríptico para estas vacacións.

FELIZ VERÁN LECTORES DE BIBLIOTEBRA!!!

PERCORRIDO FINAL POLOS PAÍSES DO PDI


Fixemos a inauguración das exposicións na Biblioteca e algúns grupos explicaron os seus proxectos con presentacións e vídeos.


Logo fomos percorrendo os distintos recunchos do colexio e escoitamos as presentacións dos demais grupos.




E ata houbo tempo de xogar!!!


Para ver tódalas fotos pincha aquí.

martes, 18 de xuño de 2019

CONTACONTOS CON 5°

Os nenos de 5° de Educación Primaria prepararon novos contos en Inglés como nos teñen acostumados, pero esta vez, un para o alumnado de Educación Infantil e outro para 3°de Educación Primaria.

Aos máis pequenos contáronlles Where's Spot? coa axuda de monicreques mentres que ós maiores lles teatralizaron Cat and Mouse go to London. 



Se vos gustou ou estades intrigados, podedes atopalos no recuncho de Inglés da Biblioteca,  eso sí, dádevos presa que xa só quedan 3 días de apertura! 

OBRADOIRO 5° & 6°

Os nenos de sexto de Educación Primaria estiveron traballando este trimestre nun obradoiro sobre as emocións e recentemente expuxeron o seu traballo.