O equipo de dinamización de biblioteca do CEIP Plurilingüe de Tebra deséxanvos bo nadal e boas festas
domingo, 22 de decembro de 2019
xoves, 12 de decembro de 2019
Recende a Nadal
Como ben sabedes, o día 20 daremos as vacacións de Nadal. Seguro que moitos e moitas de vos estades desexando ese momento para poder descansar e aproveitar a durmir sen ter que madrugar.
As vacacións de Nadal é unha época perfecta para relaxarse, descansar destes meses de traballo, pasar tempo coa familia... e por qué non tamén de ler un libro e emprender unha viaxe fantástica? Non hai mellor plan para un día de choiva que deitarse no sofá ao carón do lume e mergullarse nun mundo descoñecido.
Antes de que chegue o 20 de decembro, achégate á biblio e revisa aqueles libros dos que poder gozar. Ao mellor sorpréndeste e incluso acabas pedindo a colección enteira aos Reis Magos!
sábado, 16 de novembro de 2019
Bule!
Que inda non pasástedes pola biblio?!!!
Seguro que inda sodes moitas as persoas que non conseguístedes facer algo de tempo libre para vir visitarnos e... non sabedes o que vos estades perdendo!!!
Cada día, nos recreos do cole, podes contar coa axuda dun/dunha profe e de dúas/ dous fantásticos/as axudantes que estarán dispostos/as a axudarche no que precises. E, se dubidas en que obra escoller, poderán guiarche, segundo os teus gustos, nun fantástico libro que che levará a mergullarte nunha aventura e que che farán sentir como unha personaxe de película.
Para que vais abrindo boca, deixámosche por aquí algúns dos títulos que entraron esta semana.
Bule se queres ser o/a primeiro/a en lelos!

sábado, 26 de outubro de 2019
COMEZAMOS!!!
Despois de uns meses de descanso e recuperación... XA ESTAMOS AQUÍ!!
Como ben sabedes, o 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS. Recordamos, para os/as máis despistados/as, que este día foi establecido pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, no ano 1997, como conmemoración ao recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.
Porén, no CEIP Plurilingüe de Tebra escollemos este día para a apertura da nosa biblioTEbra de centro. Para elo, fixemos un acto de celebración onde a profe coordinadora nos explicou un pouco máis sobre o porqué deste día para a benvida da biblioteca ao curso escolar, así como tamén se nos fixo entrega das Mochilas viaxeiras, presentóusenos ao persoal axudante da biblio e fixemos o apadriñamento lector.
Para finalizar este bonito día, cada parella de padriños/madriñas leulle un conto ao seu/súa afillado/a.
Foi un día moi emotivo e emocionante para nos. Se queredes ver o ben que o pasamos, premede no enlace que aparece a continuación e poderedes ver un vídeo con todas as imaxes.
👇👇👇👇
venres, 5 de xullo de 2019
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Esperamos que estedes desfrutando xa da lectura no voso tempo libre! Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que leváchedes no tríptico para estas vacacións.
FELIZ VERÁN LECTORES DE BIBLIOTEBRA!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)