martes, 16 de novembro de 2021
O PAPAGAIO XA CHEGOU
mércores, 27 de outubro de 2021
Día das bibliotecas escolares - 24 de outubro
O pasado venres celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.
Foi unha xornada moi especial, xa que se realizou un "mercadillo" para agasallar con libros ao alumnado.
Tamén se presentou un xogo de pistas para que cada clase buscara un quebracabezas agochado no patio.
Unha vez o atoparon cada curso subiu á clase para montar o quebracabezas e descubirir a imaxe que o formaba.
Por último, na hora de ler xuntámonos todos/as no patio para ensinar aos compañeiros/as dos outros cursos o quebracabezas, descubrindo así a temática do PDI deste curso:
O CAMIÑO DE SANTIAGO!
e das monchilas viaxeiras, que encherán os fogares de historias e aventuras.
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS SOBRE ESTA CELEBRACIÓN!
mércores, 6 de outubro de 2021
Benvidos e benvidas
Ola a todos e todas
Hoxe queremos presentarvos a alguén moi especial...
"Cunchiña" é a mascota oficial do Xacobeo 21-22.
Temos que estar moi atentos/as porque vai ir dando avisos para traballar o PDI "O Camiño de Santiago" que eliximos este ano no cole.
Tamén nos indicará as conmemoracións que celebraremos ao longo do curso.
Non a perdades de vista...
Un saúdo a todos/as
venres, 25 de xuño de 2021
BO VERÁN!!!
O curso chegou ao seu fin e desde o equipo de BiblioTebra queremos desexarvos un verán cheo de lecturas inolvidables.
Moitas grazas por deixarnos compartir con vós un curso cheo de EMOCIÓNS, das que este ano aprendemos tanto.
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Este ano tivemos a sorte de contar coa axuda dalgunhas rapazas de 6º EP, que colaboraron nas tarefas diarias da biblio con moita ilusión.
O seu traballo foi espectacular e quixemos darlles un pequeno agasallo para agradecerllo.
Moitas grazas polo voso esforzo rapazas!!!











