xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE, 23 DE ABRIL, CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO
Este día vén de celebrarse dende que no 1988 foi promovido pola UNESCO. A conmemoración celébrase a nivel mundial, co fin de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito do autor e/ ou autora. 
Como este ano a situación mundial é diferente, son varias as institucións que se mobilizan para ofertarnos actividades durante este confinamento, podendo así celebrar dito día dende os nosos fogares. 
Entre esas propostas atopamos: 
⇒ O concello de Tomiño celebra este día por todo o alto na rede, invitándonos a compartir fotografías, vídeos co libro que estamos lendo. Tamara Campos de Migallas Teatro e a profesora da Escola de Teatro contarannos un conto, mentres que Beatriz Campos fará un recital de poesía e Puri, docente do IES Alonso Ríos falará dun dos seus libros. 
⇒ A escritora Isabel Allende invítanos a unha charla con ela a través da súa rede social de Facebook ás 21:30 horas.
⇒A editorial Páginas de Espuma realiza un curso exprés de edición coa única condición de mercar tres libros. 
⇒ Dende a rede social de Instagram @megustaleer, con horario entre as 09:30 e as 20:00 horas, ofértannos unha ampla programación, con encontros, entrevistas, concursos e mesmo actuacións musicais. 
⇒Para as persoas amantes da fotografía, tamén podemos participar na campaña de Federación de Gremios de Editores de España facéndonos unha fotografía no noso rincón de lectura, subila a Instagram e Twitter coa etiqueta #GrazasLibro. 
⇒ As distribuidors de A Contracorriente Films e Sherlock Films estrean na Sala Virtual de Cine (salavirtualdecine.com) o documental "Libreros de Nueva York", dirixida por D.W. Young. 
Google Arts & Culture ofértanos un percorrido pola vida e obra do autor de Miguel de Cervantes, pola España da súa época e os diferentes lugares que o autor representa a Don Quijote, así como coñecer aos seus personaxes literarios. 

⇒ A editorial Planeta anima aos lectores e lectoras a non quedarse sen dedicatoria e oferta por internet máis de 200 que diversos autores e autoras escribiron para celebrar o Sant Jordi. 
⇒ Terecetounlibro.org, unha iniciativa da Escola de Escritores, oferta a coñecidos autores e autoras que nos poden receitar libros en consultas online para levar mellor o confinamneto. 
⇒ Coñece os segredos de a Caja de las letras , do Instituto Cervantes, a antiga cámara acorazada da sede central da institución, que antes albergou un banco e que atesoura máis de 60 legados que se depositaron dende 2007. Este Instituto oferta, ademais na súa páxina de YOUTUBE a lectura dunha pasaxe do Quijote de dez representantes da cultura. 
⇒ A Fundación Municipal de la Mujer del Ayuntamiento de Cádiz organiza a V edición de #ConNuestrasPalabras, buscando así reinvindicar e difundir a creación literaria femenina, pedíndonos que enviemos ás súas redes sociais unha foto dunha portada dun libro con autoría feminina, un debuxo, un vídeo lendo un fragmento...

Como podedes observar, existe unha ampla oferta para poder conmemorar este día dende os nosos fogares. Non perdades a oportunidade de celebralo.

FELIZ DÍA DO LIBRO