luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Por primeira vez na historia aprázase o acto das Letras Galegas e pasará a celebrarse o día 31 de outubro. 
A Real Academia Galega decidiu que, por mor desta situación que estamos a vivir, se aprace o pleno extraordinario que se celebra cada 17 de maio ata o mes de outubro. Trátase dunha medida que nunca antes ocorreu na historia das Letras Galegas, as cales este ano se adicaban a Ricardo Carvalho Calero. 
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e foi mestre e escritor galego. Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega. 
O  Colexio San Pío de Ourense fixo un vídeo onde podemos repasar a vida deste autor e aprender un chisco máis. Botádelle un visual, seguro aprendemos.