Hoxe celebramos o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación para conseguir os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
A educación ofrécenos moitos beneficios, por exemplo:
- Que as persoas traballen no que lles gusta.
- Aumenta a felicidade das persoas.
- Axuda a erradicar a pobreza e a fame.
- Contribúe a mellorar a saúde.
- Promove a igualdade de xénero.
- Reduce a desigualdade.
- FAI SOCIEDADES MELLORES!
Mira esta emotiva historia dunha nena e do seu avó que se embarcan hacia a aventura de aprender.