mércores, 26 de xaneiro de 2022

CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS



Con motivo do Día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o EDGL do CEIP de Tebra organizan un concurso de recitado de poemas da autora.


O alumnado poderá participar individualmente, en parellas, en grupos ou acompañados dun membro da súa familia. Neste último caso os familiares deberán ensinar o certificado de vacinación para acceder ao centro.

A actividade consiste en escoller un poema (en galego ou castelán) da autora e recitalo de xeito expresivo e escenificado nun acto que celebrará no cole. Os pormenores desta conmemoración (horario, etc.) serán publicados neste blog nos días seguintes ao peche da inscripción.

A incripción realizarase a través das titoras. A data límite é o 7 de febreiro.