venres, 29 de novembro de 2024

NOVOS PROGRAMAS DE RADIOLEO!

 A nosa radio escolar comeza a funcionar este curso. Nesta ocasión traemos tres novos programas variados que podedes ir escoitando. Se queres coñecer algúns records Guinnes, noticias interesantes ou recomendacións de videoxogos, non podes perderte os nosos podcast. A nosa mascota Leo está moi contenta porque, ademais de estes tres programas, os nenos e nenas do cole de Tebra xa están preparando novas entregas. ESCOITA RADIOLEO!



xoves, 21 de novembro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 de setembro)

 Un ano máis fixemos coincidir o día das bibliotecas escolares co acto de inauguración da nosa biblioteca este curso escolar 24/25. Estivemos visualizando os vídeos e as imaxes dos retos de Educación Física que o curso pasado se propuxeron nas mochilas viaxeiras. Fixemos entrega a cada curso da mochila viaxeira que pasará por todos os fogares este ano e para rematar a velada contamos coa increíble actuación musical de Susa Herrera e Lara Espósito. Pasámolo xenial!!!



Preme aquí para ver o ben que o pasamos

luns, 24 de xuño de 2024

PECHE DA BIBLIOTECA

 Con motivo do peche da biblioteca escolar neste curso, os nenos e nenas do colexio de Tebra desfrutaron do contacontos Manolo Solla. Pasámolo xenial e desfrutamos moito!!!

 

 

                                    Se queredes ver o vídeo premede na foto.



     Bo remate de curso, Leo.





                                            

 


mércores, 13 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER

Boas a todos e todas!!! Con motivo da celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Os nenos e nenas do Ceip de Tebra estiveron investigando sobre mulleres importantes nos distintos medios de comunicación (prensa, radio, televisión e correo postal), xa que este ano o PDI da biblioteca trata sobre dito tema. 


 Espero que vos guste!!!!



 
Un saúdo e deica logo, Leo.

 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

Coma cada ano dende o Ceip de Tebra queremos conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz aportando o noso graniño de area. Polo que os nenos e nenas de todos os cursos estiveron investigando sobre este día dende os distintos medios de comunicación que se están a traballar dende o PDI da biblioteca.
 Ademais diso fixemos os " Paraugas pola Paz" nos cales os nenos e nenas escribiron palabras e frases pola Paz para despois colgalos na entrada do colexio. 
Quedaron chulísimos!!!! 

Se queredes ver como nos quedou, premede na imaxe:

 


Espero que vos guste!!! 


Saúdos e ata próxima, Leo