martes, 27 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


 Para celebrar o Día das Letras Galegas a biblioteca do colexio foi o escenario dunha obra teatral, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que nos axudou a tod@s a coñecer mellor a figura das cantareiras e a enorme labor que fan mantendo viva a tradición oral da nosa terra.

Tivemos ocasión tamén de escoitar a unhas cantareiras da parroquia veciña de Estas, que nos estiveron explicando as diferentes pezas que se botan na foliada ou na festa como a rumba, a muiñeira, a xota...

Ao rematar o EDLG fixo entrega dos premios do concurso que tiñan organizado. Pasámolo xenial!

Pincha AQUÍ para ver un vídeo resumen da xornada.

venres, 23 de maio de 2025

NOVIDADES EN RADIOLEO!

 

Bulide para escoitar os novos programas da radio do noso colexio. Xa están dispoñibles para escoitar unha serie de novos podcast variados: recomendacións musicais, noticias, deportes... Agardamos que sexan do voso agrado.

ESCOITA RADIOLEO!!!
 
 


martes, 6 de maio de 2025

SEMANA DO LIBRO

 SEMANA DO LIBRO

Con motivo do día do libro a semana do 22 ao 29 de abril estivemos conmemorando a data na biblioteca do colexio realizando diferentes actividades.

En primeiro lugar, o día 23 de abril cada un veu á escola disfrazado dalgún personaxe de libro. Houbo para todos os gustos. Foi moi divertido!

O 24 de abril tivemos actuacións do contacontos Manolo Solla. Deixounos abraiados coas súas historias e a súa maxia.

Ao longo de toda a semana, e aproveitando que fixemos un expurgo na biblioteca, tivemos un mercadillo de libros para todo o alumnado e as familias. Así dámoslle unha segunda vida a moitos libros e recaudamos uns euros coa finalidade de mercar novos exemplares para a nosa biblioteca. Grazas a tod@as!

Pincha AQUI  se queres ver como foron estas xornadas