SEMANA DO LIBRO
Con motivo do día do libro a semana do 22 ao 29 de abril estivemos conmemorando a data na biblioteca do colexio realizando diferentes actividades.
En primeiro lugar, o día 23 de abril cada un veu á escola disfrazado dalgún personaxe de libro. Houbo para todos os gustos. Foi moi divertido!
O 24 de abril tivemos actuacións do contacontos Manolo Solla. Deixounos abraiados coas súas historias e a súa maxia.
Ao longo de toda a semana, e aproveitando que fixemos un expurgo na biblioteca, tivemos un mercadillo de libros para todo o alumnado e as familias. Así dámoslle unha segunda vida a moitos libros e recaudamos uns euros coa finalidade de mercar novos exemplares para a nosa biblioteca. Grazas a tod@as!