venres, 13 de xuño de 2025

CANCIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO


 Neste derradeiro programa deste curso, algúns alumnos quixeron mostrarnos unhas cancións feitas integramente por eles mesmos. Para a música empregaron unha aplicación de creación musical e para gravar a voz, con letras compostas por eles, empregaron os micrófonos da nosa radio escolar. O alumnado de Tebra ten moito talento para a música. Escoita o programa se queres comprobalo.

ESCOITA RADIOLEO!