Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Estamos na semana da prensa, e Leo sabe o importante e necesario que é estar informados e coñecer as novas de actualidade que ocorren na nosa contorna. 

Por iso quere compartir con vós as webs dalgúns diarios dixitais nos que poderedes ler moitas e moi interesantes noticias, só tedes que premer nas imaxes para acceder.

Se coñeces algún máis que non estea aquí e creas que debería estar, non dubides en comunicarllo á profe para que llo faga saber a Leo. Estará encantado de engadilo!!!

                                

                                                                                                                                             

                                                          

mércores, 27 de xaneiro de 2021

DESFRUTA DO TEATRO NA CASA

Teatro infantil gratis e sen saír da casa para sobrelevar o 'confinamento' en Galicia.

O Concello de Vigo continúa cos tradicionais contacontos do programa municipal da Concellería de Normalización Lingüística "No Nadal... un conto".

Ademais dunha morea de contos atoparás algún que outro verso e moita música.

O único que tes que facer para poder ver os contacontos é premer na seguinte imaxe, que te levará directamente á noticia do Faro de Vigo na que aparecen.

Esperamos que os desfrutes!!!