Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poemas. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de maio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente pediulle a Jordan Sánchez que fixera un poema para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente 2021.

O resultado é un poema titulado "Recrea, reimaxina, restaura!". A súa intención é que os seus oíntes pasemos á acción, que deixemos de saquear e comenzar a protexer os recursos do planeta.

Debemos protexer e mellorar o medio ambiente, coidar da saúde do noso planetacoidar dos ecosistemas para garantir a saúde dos seus habitantes.

No seguinte enlace atoparás un conto que explica moi ben a importancia de todo isto. Preme na imaxe para poder velo.

xoves, 25 de marzo de 2021

LECTURAS COMPARTIDAS

Aínda que temos moitas ganas de facelo, este ano non podemos xuntarnos para compartir lecturas e libros. Así que os padriños e madriñas lectoras do cole decidiron gravar uns poemas para todos os seus afillados e afilladas, así podedes celebrar xuntos o Día Mundial da Poesía.

Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos. 

Esperamos que vos gusten!!! 

domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo celébrase o Dia Mundial da Poesía. 

Coa poesía podemos expresar e comunicar cousas de maneira diferente, fomentando así a diversidade creativa e reflexionando sobre a maneira na que usamos as palabras.

A poesía sérvenos de vehículo para transmitir as nosas emocións e sentimentos, dunha forma orixinal e divertida.

Aquí tes uns recitados dialogados, atréveste a xogar? 


No seguinte vídeo podes ver a Martiño, que nos recita uns poemas do poemario "Vento, ventiño, venteiro", de Antonio García Teijeiro


E como coa poesía tamén se pode crear música... aquí tedes Lingua Guapa. Cantos que contan.
É un conxunto de traballos audiovisuais compostos a partir de poemas e textos da escritora Fina Casalderrey, musicalizados por Néstor Blanco.