martes, 15 de maio de 2018

sábado, 12 de maio de 2018

SEMANA DO LIBRO


Festexamos, como non podía ser de outra maneira, a Semana do libro, que extendemos desde o día 23 ata o 27 de abril. Fixemos un feixe de actividades, moitas delas ao aire libre, aproveitando a chegada do bo tempo que tanto tardou en vir visitarnos!



                               CADERNOS VIAXEIROS

23 ABRIL. As maletas viaxeiras remataron a súa viaxe polos fogares dos nenos e nenas de Tebra, e delas naceron uns cadernos viaxeiros ben bonitiños, elaborados por todos nós xunto coa axuda das nosas familias.

O equipo de biblioteca considerou que o caderno máis orixinal, completo e traballado foi o do grupo de 1º de EP. Levaron un diploma, uns agasallos para disfrutar en grupo e unha gran ovación do resto de participantes.
Click to play this Smilebox slideshow





LIBROS LIBRES

23 ABRIL. Os nenos e nenas de 6º de EP estiveron informándose do que eran os “libros libres” e decidiron gravar unha curtametraxe na que o guión explicaba o seu funcionamento. Visualizámola xuntos e posteriormente informóusenos que polas instalacións da nosa escola liberáranse moitos deles, así que fomos na súa procura. A premisa máis importante era que unha vez atopados e despois de ser lidos, tíñanse que liberar en calquer lugar para que outras persoas os puidesen disfrutar. Foi unha experiencia moi divertida!
Click to play this Smilebox slideshow









APADRIÑAMENTO LECTOR

Un clásico nesta época é a tenra tarefa de apadriñar a un pequeno o pequena para lle ler un conto. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º foron os padriños e madriñas e cumpliron o seu cometido con moi boa nota. Botade un vistazo!
Click to play this Smilebox slideshow








BIBLIOPATIO

Hai algo máis pracenteiro que un bo libro nun ambiente cálido, cunha suave brisa e en calma???

Click to play this Smilebox slideshow







SABELA GAGO

Para rematar a semana do libro, veunos visitar por segundo ano consecutivo a contacontos Sabela Gago. Non nos cansaremos de disfrutala porque é realmente fabulosa!

Click to play this Smilebox slideshow

Click to play this Smilebox slideshow







CONTACONTOS

A finais de febreiro achegouse á nosa escola un divertidísimo contacontos chamado Caxoto, aínda que a el gústalle máis que lle chamen Caxo. Veunos contar a través de interesantes historias unha manchea de cousas fermosas, prestando especial atención na importancia da igualdade entre persoas. Ademais de contacontos é un músico excelente. Non dubidedes en disfrutalo sempre que teñades oportunidade!






Se queredes ver máis fotos ou vídeos na web do cole, premede aquí.

BIBLIOTECAS ESCOLARES


O 23 de outubro celebramos na escola o día das bibliotecas escolares. Como neste curso estamos a traballar o Cine como proxecto documental integrado e, aproveitando que a biblio permanece pechada, ocorréusenos crear unha estantería de libros nas escaleiras da entrada do cole. Escollemos títulos que foron levados ao cine despois da súa publicación e conseguimos unha decoración do máis orixinal. Non vos parece?



Despois de que cada grupo consensuase o seu título e de traballalo na clase, elaboramos o “lombo” deixando voar a nosa creatividade. O esforzo foi premiado cunha maleta viaxeira chea de material interesantísimo para cada grupo, que comezou a súa viaxe nese preciso momento.
Click to play this Smilebox slideshow





Se queredes ver máis fotos na web do cole premede aquí



PECHE DA BIBLIOTECA

PECHE DE BIBLIO
Como xa sabedes estamos a reorganizar a nosa biblioteca, facendo oco para acoller outros materiais máis actuais, e reestructurando os espazos para facer dela un lugar fermoso, atractivo e cheo de novas oportunidades acordes aos intereses e inquedanzas dos nosos lectores e lectoras.
Nunca imaxinamos canto traballo teríamos por diante pero, xa queda menos!!!