martes, 8 de xaneiro de 2019
TRÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Boas familias, aquí vos deixamos o tríptico de recomendacións lectoras de nadal, esperamos que teña éxito.
domingo, 9 de decembro de 2018
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Como xa sabedes,o martes día 6 de novembro inauguramos a nosa BiblioTebra!!!Onde desfrutamos durante toda a mañá de obradoiros da man de Sabela Gago co seu contacontos, Anxo Fariña coas súas ilustracións e o mago Cali cos seus trucos de maxia. Un día marabilloso. Aquí vos deixo algunhas fotos!
E pola tarde... inauguramos coas familias a biblioteca!!
VISITA Á NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR
O pasado 5 de novembro, o alumnado puido visitar a biblioteca escolar antes da apertura prevista para o día seguinte. Aquí tendes a súa primeira visita oficial á nova BIBLIOTEBRA!
venres, 9 de novembro de 2018
PDI: VIAXANDO CON LEO
Ola meus queridos argonautas!!!!! Aquí estou para contarvos que o PDI deste ano está relacionado cos distintos países que cada nivel elixiu. Buscaremos información xeral de cada país: costumes, gastronomía, cultura, literatura, música, personalidades representativas...todos os traballos os expoñeremos como tarefa final ao finalizar a terceira avaliación pero os traballos que se están facendo, cada nivel os comparte, durante e ao finalizar cada trimestre, en forma de mural, decorando as paredes da aula e da porta...Mans a obra nenos e nenas e as familias que tamén colaboran!!!
luns, 5 de novembro de 2018
CONTA ATRÁS...
XA SOMENTES FALTA 1 DÍA PARA QUE POIDADES COÑECER A NOVA BILIOTEBRA.
Recordarvos que mañá haberá xornada de portas abertas para todas as familias de 16:00-18:00 horas.
Espereramos que vos guste!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








