xoves, 25 de xuño de 2020

BO VERÁN

Outro curso que remata...
Que remate o mes de xuño trae cousas boas: comezo do verán, reunións familiares, quedadas cos amigos e amigas, festas, merendolas... Sabemos que levades todo o ano pensando neste mes, pero aos profes e ás profes entristécennos as despedidas e moito máis nos entriste este ano que non puidemos despedirnos todos e todas xuntos/as como deberíamos. 
O verán é unha época para descansar, para esquecer, para gozar, para facer todo aquilo que nos gustaría facer no inverno pero por cuestión de tempo atmosférico e de horas non podemos aproveitar os días. O verán trae felicidade, alegría, boas sensasións... pero tamén nos dá a oportunidade de ler e viaxar. 
Dende o equipo de BiblioTebra deixámosvos un tríptico informativo con algunhas recomendacións lectoras para todos os públicos (dende os máis pequenos/as da casa ata os adultos). Gustaríanos que non desaproveitásedes estes meses e que poidades seguir lendo e soñando. 
Tamén queremos mandarvos un bico enorme polo aire e recordarvos que está nas nosas mans seguir coidando a nosa saúde. 
Ata pronto! Pasade bo verán! 




martes, 16 de xuño de 2020

ENQUISA BILBLIOTECA

Esta enquisa é para o alumnado e profesorado do centro sobre a valoración do funcionamento da Biblioteca escolar este curso....

                                                                         
                                                                        Grazas!!!!



ENQUISA ALUMNADO




ENQUISA PROFESORADO



domingo, 17 de maio de 2020

17 de maio, día das letras galegas.

Como ben sabedes, no día de hoxe homenaxeamos a Ricardo Carvalho. 
Deixámosvos un vídeo con unha das súas obras, "As pitas baixo a choiva", coa que podedes deleitarvos. 
Feliz día da nosa lingua! 


luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Por primeira vez na historia aprázase o acto das Letras Galegas e pasará a celebrarse o día 31 de outubro. 
A Real Academia Galega decidiu que, por mor desta situación que estamos a vivir, se aprace o pleno extraordinario que se celebra cada 17 de maio ata o mes de outubro. Trátase dunha medida que nunca antes ocorreu na historia das Letras Galegas, as cales este ano se adicaban a Ricardo Carvalho Calero. 
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e foi mestre e escritor galego. Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega. 
O  Colexio San Pío de Ourense fixo un vídeo onde podemos repasar a vida deste autor e aprender un chisco máis. Botádelle un visual, seguro aprendemos. 





luns, 4 de maio de 2020

2 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio vén de celebrarse o día internacional fronte ao ACOSO ESCOLAR. 
Esta conmemoración nace co fin de concienciar sobre o risco que está tendo o acoso escolar, ou tamén coñecido como bullying, tanto en nenos/as como nos/as adolescentes a nivel global. 
O seu obxectivo é atopar os mecanismos precisos para evitar esta triste traxedia que, a día de hoxe, continúa a ser un terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil. 
O día da conmemoración foi escollida polas asociacións de nais e pais así como tamén participaron nela diversas asociacións NON gubernamentais para concienciarnos sobre este risco e brindarnos métodos e recursos para evitar este tipo de situacións no ámbito escolar. 
Dende o equipo de BiblioTebra sumámonos a esta conmemoración e esiximos o
NON AO ACOSO ESCOLAR!