xoves, 19 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2025


Remata este curso e chegan as necesarias vacacións de verán. Sabendo que a lectura é un entretenemento recreativo e creativo é importante ter sempre libros entre mans. Por iso a nosa mascota Leo! tamén marchou a descansar, pero deixounos unhas recomendacións lectoras para que poidamos facer viaxes imaxinarias... Bo verán a tod@as!!!

EDUCACIÓN INFANTIL:

NADIA NUNCA DICE NADA                                        A VODA DO GALO PINTO

Luisa Aguilar                                                               JUAN ANTONIO BELMONTE

BEASCOA 9788448866471                                         OQO Editora 9788498717389

                                                     

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
EL CASO DEL ROBO DEL DINOSAURIO                         A PEQUENA OSA QUERE XOGAR

Barry Timms                                                                      Iago López

Ed. EDELVIVES 9788414061602                                       Ed. Xerais 978-8411106849

                          

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Olivia Mars. El poder de los bichos raros                            Vaia Cabuxiño!

Isabel Álvarez                                                                          O Hematocrítico   

Independente 979-8394118142                                              Ed. Xerais 978-84-9121-883-8

                                    

 


3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL          LAS AVENTURAS DEL JOVEN EINSTEIN

Rosa Aneiros                                         David Blanco Laserna

Ed. Xerais 9788411105682                     NIVOLA LIBROS Y EDICIONES, S.L. - 9788496566026    

                                      

venres, 13 de xuño de 2025

CANCIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO


 Neste derradeiro programa deste curso, algúns alumnos quixeron mostrarnos unhas cancións feitas integramente por eles mesmos. Para a música empregaron unha aplicación de creación musical e para gravar a voz, con letras compostas por eles, empregaron os micrófonos da nosa radio escolar. O alumnado de Tebra ten moito talento para a música. Escoita o programa se queres comprobalo.

ESCOITA RADIOLEO!


domingo, 8 de xuño de 2025

RADIOLEO! COAS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS


 O curso está rematando! e o alumnado dos diferentes ciclos mostra o seu traballo coa temática do PDI de este curso (As Antigas Civilizacións) en forma de podcast ou programa de radio. Hai moito traballo de investigación!

O alumnado de Educación Infantil coa Antiga China, e o de 1º e 2º de Primaria coa Prehistoria:

Presentación Diapositivas Historia Scrapbook Marrón y Beige de CEIP Tebra

martes, 27 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


 Para celebrar o Día das Letras Galegas a biblioteca do colexio foi o escenario dunha obra teatral, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que nos axudou a tod@s a coñecer mellor a figura das cantareiras e a enorme labor que fan mantendo viva a tradición oral da nosa terra.

Tivemos ocasión tamén de escoitar a unhas cantareiras da parroquia veciña de Estas, que nos estiveron explicando as diferentes pezas que se botan na foliada ou na festa como a rumba, a muiñeira, a xota...

Ao rematar o EDLG fixo entrega dos premios do concurso que tiñan organizado. Pasámolo xenial!

Pincha AQUÍ para ver un vídeo resumen da xornada.

venres, 23 de maio de 2025

NOVIDADES EN RADIOLEO!

 

Bulide para escoitar os novos programas da radio do noso colexio. Xa están dispoñibles para escoitar unha serie de novos podcast variados: recomendacións musicais, noticias, deportes... Agardamos que sexan do voso agrado.

ESCOITA RADIOLEO!!!