martes, 30 de abril de 2019

COLABORACIÓN FAMILIAS

Ola familias! 

Animádevos a compartir con nós as vosas historias, contos, vivenzas... nos recreos ou nas horas de lectura. Teredes os mellores espectadores do mundo enteiro!


Narrativa, La Historia, Sueño, Decir

Narrativa La Historia. Comfreak. Pixabay. CC0.

FIN DA SEMANA DO LIBRO

Por fin un día de sol que aproveitamos para realizar as actividades pospostas da semana anterior!

Onte fixemos a búsqueda de libros que Leo agochara no patio do colexio...


Cada neno atopou un libro do seu nivel lector e levouno de agasallo para casa. Son uns auténticos aventureiros porque algúns libros estaban moi ben agochados!



Pero antes de marchar aínda tivemos tempo de repetir a Bibliopatio, esta vez non nos corredores senón no patio, desfrutando do sol e da natureza. 



Queres ver tódalas fotos da Semana do Libro?

REUTILIZANDO LIBROS...

Ó longo da semana pasada cada grupo estivo realizando ás súas propias guirnaldas con libros vellos expurgados para logo colgalas na Biblioteca e na entrada do cole e decorar entre todos.

E este é o resultado! Invitámosvos a velo en persoa!




BIBLIOPATIO

O venres adicamos o tempo de lectura á Bibliopatio, pero por mor da chuvia tivemos que facelo nos corredores. Aínda así divertímonos moito!





Queres ver tódalas fotos da Semana do Libro?

venres, 26 de abril de 2019

APRAZAMENTO DE CAZA DE LIBROS

Debido á imposibilidade de realizar actividades ó aire libre esta semana, aprazamos a Caza de libros para a vindeira semana, se o tempo acompaña.

Sentímolo.