MANNEQUIN CHALLENGE
martes, 20 de abril de 2021
XA ESTAMOS NA SEMANA DO LIBRO!
xoves, 25 de marzo de 2021
LECTURAS COMPARTIDAS
Aínda que temos moitas ganas de facelo, este ano non podemos xuntarnos para compartir lecturas e libros. Así que os padriños e madriñas lectoras do cole decidiron gravar uns poemas para todos os seus afillados e afilladas, así podedes celebrar xuntos o Día Mundial da Poesía.
Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.
Esperamos que vos gusten!!!
domingo, 21 de marzo de 2021
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O día 21 de marzo celébrase o Dia Mundial da Poesía.
Coa poesía podemos expresar e comunicar cousas de maneira diferente, fomentando así a diversidade creativa e reflexionando sobre a maneira na que usamos as palabras.
A poesía sérvenos de vehículo para transmitir as nosas emocións e sentimentos, dunha forma orixinal e divertida.
Aquí tes uns recitados dialogados, atréveste a xogar?
No seguinte vídeo podes ver a Martiño, que nos recita uns poemas do poemario "Vento, ventiño, venteiro", de Antonio García Teijeiro.
sábado, 20 de marzo de 2021
DÍA DA NARRACIÓN ORAL
Hoxe, 20 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Narración Oral para poñer en valor a arte da narración oral, dos contacontos.
venres, 12 de marzo de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Leo está feliz pola recomendación de hoxe.
Sofía, de 5º de EP, quere compartir con todos e todas nós o que aprendeu con este último libro que acaba de ler:
A IMPORTANCIA DE CONTAR SEMPRE A VERDADE
O título do libro é O traxe novo do rei e o seu autor chámase Xosé Antonio Ballesteros Rey.
Escoitádea con atención, seguro que vos encanta!
Sofía, moitas grazas por compartilo con nós!




