Con motivo do Día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o EDGL do CEIP de Tebra organizan un concurso de recitado de poemas da autora.O alumnado poderá participar individualmente, en parellas, en grupos ou acompañados dun membro da súa familia. Neste último caso os familiares deberán ensinar o certificado de vacinación para acceder ao centro.A actividade consiste en escoller un poema (en galego ou castelán) da autora e recitalo de xeito expresivo e escenificado nun acto que celebrará no cole. Os pormenores desta conmemoración (horario, etc.) serán publicados neste blog nos días seguintes ao peche da inscripción.A incripción realizarase a través das titoras. A data límite é o 7 de febreiro.
mércores, 26 de xaneiro de 2022
CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS
Recomendacións día da Paz
Bos días, lectores e lectoras!
Hoxe traémos unha nova que nos trouxo Cunchiña, sabedes cal é?
Efectivamente, achégase o día da Paz, e dende a biblio temos propostas moi chulas para conmemoralo e aprender moito sobre personaxes que lograron cambiar o mundo. Apetécevos miralas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.
luns, 20 de decembro de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
A continuación propoñemos unha selección de libros maravillosos que encherán as vosas vacacións de historias e aventuras.
martes, 7 de decembro de 2021
Novo recuncho
Bo día a todos e a todas!
Dende a biblioteca queremos amosarvos o novo recuncho do que disporemos a partir de hoxe.
Este será o novo espazo no que poreder pasar tempo de lecer.
Teremos xogos de mesa, xogos de imaxición...para poder pasar un momento agradabel cos nosos compis.
Agardamos que pasedes un ratiño moi entretenido difrutando das novidades.
Un saúdo.
venres, 3 de decembro de 2021
Recomendacións
Ola a todos e todas,
Como xa sabedes a nosa mascota do cole, Cunchiña, sempre ven a lembrarnos cousas. Hoxe pasou a recordarnos que é un día moi especial, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Dende o equipo da Biblioteca fixemos unha exposición de libros que tratan sobre este tema, para que os nenas e nenas desfrutasen das marabillas da lectura inclusiva.
Deixamos as recomendacións no blog por se a alguén lle apetece botar un ollo.
Desexámosvos unha feliz ponte a todos e a todas.







