mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de febreiro: día de Rosalía

 Hoxe é o día adicado á nosa escritora máis ilustre e recoñecida, Rosalía de Castro. As súas obras son verdadeiros tesouros, e nós somos os encargados e encargadas de facer que o seu legado siga facendo parte da nosa cultura. 


Na biblioteca temos unha morea de títulos nos cales podedes empaparvos das súas verbas, coñecer a súa historia e viaxar por Galiza sen saír dunha habitación. Vides connosco?











« Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin. Adeus ríos. Adeus. » Rosalía de Castro.