mércores, 9 de febreiro de 2022

RECUNCHO MUSICAL

Existe algo mellor que comezar o día escoitando música?

A música está presente en moitos momentos da nosa vida, momentos para lembrar sempre. Cando estamos contentos ou contentas, escoitamos música; cando estamos tristes, de seguro que tamén. Cando vamos no coche, nas verbenas do pobo…sempre hai unha nota que nos acompaña. 

Na biblioteca do cole no íamos ser menos, e temos un espazo adicado a libros con temática musical. 


Xa lles botaches un ollo? Aquí deixamos unha pequena mostra de todo o que dispoñemos. Agardamos que veñades canto antes escoitar estes audio libros tan especiais. 



Ata outra!