domingo, 17 de maio de 2020

17 de maio, día das letras galegas.

Como ben sabedes, no día de hoxe homenaxeamos a Ricardo Carvalho. 
Deixámosvos un vídeo con unha das súas obras, "As pitas baixo a choiva", coa que podedes deleitarvos. 
Feliz día da nosa lingua! 


luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



Por primeira vez na historia aprázase o acto das Letras Galegas e pasará a celebrarse o día 31 de outubro. 
A Real Academia Galega decidiu que, por mor desta situación que estamos a vivir, se aprace o pleno extraordinario que se celebra cada 17 de maio ata o mes de outubro. Trátase dunha medida que nunca antes ocorreu na historia das Letras Galegas, as cales este ano se adicaban a Ricardo Carvalho Calero. 
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol e foi mestre e escritor galego. Membro da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega. 
O  Colexio San Pío de Ourense fixo un vídeo onde podemos repasar a vida deste autor e aprender un chisco máis. Botádelle un visual, seguro aprendemos. 





luns, 4 de maio de 2020

2 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio vén de celebrarse o día internacional fronte ao ACOSO ESCOLAR. 
Esta conmemoración nace co fin de concienciar sobre o risco que está tendo o acoso escolar, ou tamén coñecido como bullying, tanto en nenos/as como nos/as adolescentes a nivel global. 
O seu obxectivo é atopar os mecanismos precisos para evitar esta triste traxedia que, a día de hoxe, continúa a ser un terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil. 
O día da conmemoración foi escollida polas asociacións de nais e pais así como tamén participaron nela diversas asociacións NON gubernamentais para concienciarnos sobre este risco e brindarnos métodos e recursos para evitar este tipo de situacións no ámbito escolar. 
Dende o equipo de BiblioTebra sumámonos a esta conmemoración e esiximos o
NON AO ACOSO ESCOLAR! 




xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE, 23 DE ABRIL, CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO
Este día vén de celebrarse dende que no 1988 foi promovido pola UNESCO. A conmemoración celébrase a nivel mundial, co fin de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito do autor e/ ou autora. 
Como este ano a situación mundial é diferente, son varias as institucións que se mobilizan para ofertarnos actividades durante este confinamento, podendo así celebrar dito día dende os nosos fogares. 
Entre esas propostas atopamos: 
⇒ O concello de Tomiño celebra este día por todo o alto na rede, invitándonos a compartir fotografías, vídeos co libro que estamos lendo. Tamara Campos de Migallas Teatro e a profesora da Escola de Teatro contarannos un conto, mentres que Beatriz Campos fará un recital de poesía e Puri, docente do IES Alonso Ríos falará dun dos seus libros. 
⇒ A escritora Isabel Allende invítanos a unha charla con ela a través da súa rede social de Facebook ás 21:30 horas.
⇒A editorial Páginas de Espuma realiza un curso exprés de edición coa única condición de mercar tres libros. 
⇒ Dende a rede social de Instagram @megustaleer, con horario entre as 09:30 e as 20:00 horas, ofértannos unha ampla programación, con encontros, entrevistas, concursos e mesmo actuacións musicais. 
⇒Para as persoas amantes da fotografía, tamén podemos participar na campaña de Federación de Gremios de Editores de España facéndonos unha fotografía no noso rincón de lectura, subila a Instagram e Twitter coa etiqueta #GrazasLibro. 
⇒ As distribuidors de A Contracorriente Films e Sherlock Films estrean na Sala Virtual de Cine (salavirtualdecine.com) o documental "Libreros de Nueva York", dirixida por D.W. Young. 
Google Arts & Culture ofértanos un percorrido pola vida e obra do autor de Miguel de Cervantes, pola España da súa época e os diferentes lugares que o autor representa a Don Quijote, así como coñecer aos seus personaxes literarios. 

⇒ A editorial Planeta anima aos lectores e lectoras a non quedarse sen dedicatoria e oferta por internet máis de 200 que diversos autores e autoras escribiron para celebrar o Sant Jordi. 
⇒ Terecetounlibro.org, unha iniciativa da Escola de Escritores, oferta a coñecidos autores e autoras que nos poden receitar libros en consultas online para levar mellor o confinamneto. 
⇒ Coñece os segredos de a Caja de las letras , do Instituto Cervantes, a antiga cámara acorazada da sede central da institución, que antes albergou un banco e que atesoura máis de 60 legados que se depositaron dende 2007. Este Instituto oferta, ademais na súa páxina de YOUTUBE a lectura dunha pasaxe do Quijote de dez representantes da cultura. 
⇒ A Fundación Municipal de la Mujer del Ayuntamiento de Cádiz organiza a V edición de #ConNuestrasPalabras, buscando así reinvindicar e difundir a creación literaria femenina, pedíndonos que enviemos ás súas redes sociais unha foto dunha portada dun libro con autoría feminina, un debuxo, un vídeo lendo un fragmento...

Como podedes observar, existe unha ampla oferta para poder conmemorar este día dende os nosos fogares. Non perdades a oportunidade de celebralo.

FELIZ DÍA DO LIBRO 


martes, 14 de abril de 2020

ENTRANDO NA RECTA FINAL

MOI BOAS!
Damos comezo ao terceiro trimestre. Este ano levarase a cabo dun xeito un pouco distinto pero non por iso nos vamos entristecer. Non é necesario recordar que estamos baixo unha epidemia mundial e que o retorno ás aulas debe facerse coas medidas hixiénico - sanitarias axeitadas.
Cada día son máis os recursos que se nos proporcionan para que este confinamento sexa o máis levadeiro posible.
Xa levamos 30 días confinados (por certo, noraboa a todas e a todos, estades facendo unha gran labor, quedando na casa estamos axudando a que esta epidemia se extinga, a nosa máis sincera feliticación) e todos os recursos que se nos proporcionen son ben recibidos.

(GIF de tenor )

Hoxe traémosvos unha editorial galega, "Baía edicións" que nos dá a oportunidade de descargar, de forma gratuíta, unha listaxe de libros para escoller, entre todas as idades, co fin de superar este confinamento.
O único requisito que nos piden é que teñamos empatía e fagamos un uso responsable da descarga respectando as obras que, xenerosamente prestaron os seus autores e as súas autoras para esta campaña.
Atréveste a leelos?

👉👉👉BAÍA EDICIÓNS 👈👈👈