Hoxe Nerea eMaría, de 4º de Educación Primaria, quérennos falar das súas últimas lecturas.
Nerealeu unha dasNOVIDADESque chegou recentemente á biblio. É da colecciónAnna KADABRA, de Pedro MañaseDavid Sierra. Xa a coñecedes???
María leu un libro de Billie B. Brown, escrito por Sally Rippin. Gústalle tanto que está desexando que cheguen máis libros desta colección á biblio para poder lelos.
Rapazas, moitas grazas por compartir as vosas lecturas con nós! Está xenial que pasedes por aquí para contarnos que libros vos gustan!
O próximo domingo, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. O tema deste ano "Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade" recoñece que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión.
É unha conmemoración especial, porque con ela ponse de manifesto a importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades, fomentando así a tolerancia e o respecto dos demais.
A diversidade lingüística encóntrase cada vez máis ameazada, con un maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual. (UNESCO).
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.
Na celebración do ano pasado, a Xunta de Galicia celebrábao xunto a outras Comunidades Autónomas e outorgábanlle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español a Guadi Galego polo seu disco Inmersion, que incorpora músicas cantadas en sete linguas do Estado e que conta con colaboracións chegadas de diferentes partes da Península.
"Coa extinción dos idiomas pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesariios para lograr un futuro mellor (...). Por iso, debemos coidar de todas as linguas". (O portal da lingua galega).
A cebra Lily quería saber que era o amor e pensaba que con disfraces e caretas o conseguiría, pero o que conseguiu foi que os seus amigos escachasen coa risa. Así que consultou a súa familia e, finalmente, deuse conta de que o amor se leva por dentro e hai que coidalo cada día en cada membro da familia e cada amigo.
¿Que é o amor?, pregúntase Emma. Plantéxalle a cuestión a súa romántica nai, ao seu papá amante do fútbol, a súa avoa reposteira, ao seu avó, traballador dunha fábrica de coches... E obtén catro respostas diferentes. Non hai maneira de aclararse! Emma sinte que a cabeza lle da voltas...