venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

                       Se premes na imaxe verás recomendación 
                                              lectora relacionada co día da paz.
      

Esta semana estamos a realizar no cole unha morea de actividades coas que queremos celebrar o día escolar da non violencia e a paz.

Unha delas é esta que compartimos hoxe con vós. As nenas e nenos de 4º de educación primaria descubriron un libro que lles encanta e co que puideron reflexionar moito a cerca das cousas importantes que temos que ter en conta para eliminar a violencia das nosas vidas e quedarnos con aquilo que nos faga felices a todos.

Preme na imaxe para escoitalos!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

QUE LIBRO LEMOS HOXE?

Hoxe é o turno de Sira, de 5 anos. Pasa por aquí para recomendarnos un libro moi chulo e, ademais, realacionado coa conmemoración do día escolar da non violencia e a paz

Titúlase A pomba dona Paz, e escribiuno Ramón Caride. 

Se escoitas a recomendación con atención, descubrirás que a Sira e ao escritor do libro úneos un vínculo moi especial, descubrirás cal???

mércores, 27 de xaneiro de 2021

DESFRUTA DO TEATRO NA CASA

Teatro infantil gratis e sen saír da casa para sobrelevar o 'confinamento' en Galicia.

O Concello de Vigo continúa cos tradicionais contacontos do programa municipal da Concellería de Normalización Lingüística "No Nadal... un conto".

Ademais dunha morea de contos atoparás algún que outro verso e moita música.

O único que tes que facer para poder ver os contacontos é premer na seguinte imaxe, que te levará directamente á noticia do Faro de Vigo na que aparecen.

Esperamos que os desfrutes!!! 

domingo, 24 de xaneiro de 2021

24 DE XANEIRO, DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe celebramos o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co obxectivo de concienciar a todo o planeta da importancia da educación para conseguir os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.   

A educación ofrécenos moitos beneficios, por exemplo: 

- Que as persoas traballen no que lles gusta.

- Aumenta a felicidade das persoas.

- Axuda a erradicar a pobreza e a fame.

- Contribúe a mellorar a saúde.

- Promove a igualdade de xénero.

- Reduce a desigualdade.

- FAI SOCIEDADES MELLORES!

Mira esta emotiva historia dunha nena e do seu avó que se embarcan hacia a aventura de aprender.

venres, 22 de xaneiro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

NON SABES QUE LIBRO LER?

LEO sabe o moito que vos gusta ler e compartir cos demais o voso gusto pola lectura, por iso quere que pasedes por aquí para contar as vosas opinións sobre o libro que acabades de ler e que tanto vos gustou.

Esta semana é Antía, de de Educación Primaria, a que nos visita para falarnos do libro Escuela de vampiros, escrito por Peter Bentley.